sobre mi

Artista visual e director audiovisual, o meu traballo recente está centrado na paisaxe e o diálogo entre a experimentación audiovisual e a música, así como na intervención do espazo natural mediante instalacións inmersivas lumínicas (colectivo Tronante)

Como director de vídeos musicais traballei para músicos como Brian & Roger Eno, Dark Sienna (Deusche Gramophon, 2020) o Carlos Ordoñez, Retortoiro (Ferror Records 2021), The Dark Opens The Way (Markus Guentner Remix) Galán/Vogt.

Os meus traballos en diferentes formatos e soportes foron exhibidos en museos e centros culturais como Centre Pompidou Metz (Metz, Francia)  Heinz Nixdorf MuseumsForum (Paderborn, Alemaña), CGAC (Santiago de Compostela, Spain), CDAN Centro de arte y naturaleza (Huesca), ou ARTIUM (Victoria, Spain) entre outros.

Recentemente o meu traballo foi seleccionado nos festivais:  Experimental Superstars, Serbia 2022, con Retortoiro, Suburbinale, Austria, 2023, Short Movie Club Film Festival «Nefiltravanae kino», Bielorusia, 2022, FICBUEU Festival de cinema de Bueu con 1,34943x10e4 e no Istanbul International Experimental Film Festival 2021 con Retortoiro, e a miña traxectoria como membro do colectivo DSK foi obxecto dun foco en Intersección, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, A Coruña.